viernes, 26 de febrero de 2016

Lemos o libro de Einar Turkowski “A montaña”


«Centos de perigos ameazaban a quen tentaba escalala. As súas inclinadas ladeiras, cualladas de lóbregos paraxes, exercían unha funesta influencia sobre todo aquel que ousaba aproximarse. A montaña transformaba a quen se achegaba a ela de forma imperceptible e irremediable. Os valentes que se atreveron a transitar polos seus camiños, xamais volveron recoñecerse a si mesmos. Máis dun regresou desvariando ou optou por calar para sempre. Aínda anos despois, quen sobreviviu ao primeiro encontro, seguían vendo cousas estrañas por todas partes, que lles incitaban a comportarse dun modo asombroso».



Nun país afastado, unha montaña trae toda clase de desgrazas a quen se atreve a escalala. Con todo, a pesar da terrible fama que a acompaña, un home decide aventurarse nas súas paraxes. Múltiples marabillas e dificultades abriranse ao seu paso cun único fin: ensinarlle a mirar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario